Amosando publicacións coa etiqueta motivación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta motivación. Amosar todas as publicacións

16 de setembro de 2019

Presentación Ana María Carballo Polo


Ola, son Ana Carballo Polo



Traballo como orientadora laboral dende o ano 2003 nunha entidade sen ánimo de lucro galega. Unha das miñas funcións é o asesoramento laboral e apoio cara o emprego nas zonas rurais das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, trasladándome diariamente aos concellos destas comarcas. 

Na miña experiencia puiden observar as problemáticas que se viven nestas zonas, onde segue a persistir unha fenda dixital con pouco ou nulo acceso a internet así como as limitacións no transporte público, entre outras, o que provoca unha desigualdade no acceso e nas oportunidades laborais

Con este posgrao busco ampliar os meus coñecementos no campo da orientación laboral e nas ferramentas dixitais para poder brindar un mellor apoio ás persoas coas que traballo. Ademáis de aprender das miñas compañeiras e compañeiros, así como do persoal docente. 

Esta é a miña nube de palabras que representa a miña labor diaria como orientadora laboral.



Esta canción é unha das miñas favoritas polas vivencias da miña infancia en Inglaterra e pola forza que representa.






O libro que estou a ler titúlase "Chámame señora, pero trátame coma a un señor" da autora galega Inma López Silva. O libro aínda non se atopa en formato pdf, polo que vos achego esta reseña deste blogue