Ola, son Ana Carballo Polo
Traballo como orientadora laboral dende o ano 2003 nunha entidade sen ánimo de lucro galega. Unha das miñas funcións é o asesoramento laboral e apoio cara o emprego nas zonas rurais das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, trasladándome diariamente aos concellos destas comarcas.
Na miña experiencia puiden observar as problemáticas que se viven nestas zonas, onde segue a persistir unha fenda dixital con pouco ou nulo acceso a internet así como as limitacións no transporte público, entre outras, o que provoca unha desigualdade no acceso e nas oportunidades laborais.
Con este posgrao busco ampliar os meus coñecementos no campo da orientación laboral e nas ferramentas dixitais para poder brindar un mellor apoio ás persoas coas que traballo. Ademáis de aprender das miñas compañeiras e compañeiros, así como do persoal docente.
Esta é a miña nube de palabras que representa a miña labor diaria como orientadora laboral.
Esta canción é unha das miñas favoritas polas vivencias da miña infancia en Inglaterra e pola forza que representa.
O libro que estou a ler titúlase "Chámame señora, pero trátame coma a un señor" da autora galega Inma López Silva. O libro aínda non se atopa en formato pdf, polo que vos achego esta reseña deste blogue
Ningún comentario:
Publicar un comentario