Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións

9 de outubro de 2019

Perspectiva de Xénero na Orientación Laboral


Introdución

A sexta sesión presencial do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral 2019 (#POLAB19) centrouse na temática Orientación para a Igualdade e a Inclusión Sociolaboralda man de Margot Valcarce, docente da Universidade de Santiago de Compostela. 


A sesión estivo dividida en dúas partes principais:

A primeira parte de carácter expositivo cunha explicación teórica dos contidos máis relevantes.
A segunda, unha parte máis práctica, onde de forma grupal se traballou a través dunha dinámica, a detección e posibles prácticas para  a eliminación dos sesgos e prexuízos no ámbito laboral a través do visionado da curtametraxe “Recursos Humanos”.

Rematamos a sesión cunha posta en común das aportacións de tódolos grupos sobre a dinámica, presentando as estratexias que se poden aplicar para eliminar os prexuízos presentes nos procesos de selección e que afectan, na maioría das ocasións, ás mulleres.

Obxectivos  

  • Coñecer a teoría feminista e desmitificar crenzas sociais asociadas a ela.
  • Incentivar o deseño, planificación e implementación dunha orientación laboral non sexista
  • Intervir na orientación laboral aplicando a perspectiva de xénero. 
  • Facilitar estratexias para a inclusión da perspectiva de xénero na orientación laboral.
Desenvolvemento da sesión 

Como ben se comentou na breve introdución, a docente Margot Valcarce comezou a sesión cunha explicación teórica dos contidos.

Para dar inicio, explicou as bases da teoría feminista e os tres principais focos de acción: 
  • Visibilizar o xénero como unha estrutura de poder.
  • Visibilizar o papel hexemónico dos homes en tódolos ámbitos.
  • Visibilizar as estruturas e os mecanismos ideolóxicos que sustentan a discriminación.
A docente  remárcanos que a teoría feminista é crítica coa sociedade e céntrase en conseguir a igualdade para lograr unha transformación social.

Continuou facendo alusión a unha diferenciación de conceptos tan importantes coma o feminismo, machismo e hembrismo, mergullándose tamén nas catro ondas do feminismo e algunhas persoeiras representativas como Olympe de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadanía en 1791.


Logo, aportounos unha definición do que supón a perspectiva de xénero e a comprensión da distinción entre sexo e xénero, entendendo a primeira como unha característica biolóxica e natural, e a segunda coma unha construción social e cultural resultado do aprendido a través dos procesos de socialización.

Abordou tamén que o emprego que está asociado ao rol masculino (ámbito público e produtivo), é máis visible e máis valorado socialmente, mentres que o traballo asociado ao feminino (ámbito privado e reprodutivo), adoita ser non remunerado e infravalorado. Deste xeito perpetúanse as estruturas e mecanismos onde se asenta a sociedade patriarcal e androcentrista que invisibiliza ás mulleres na sociedade.

Por último, realizamos unha dinámica de detección e eliminación de prexuízos no ámbito laboral, traballando sobre a curtametraxe “selección de persoal” que versa sobre os roles de poder que se exercen nos procesos de selección  e que plasman o sexismo e a discriminación laboral.


Con este exercicio, pretendíase traballar a deconstrución de prexuízos e sesgos nos procesos de selección incorporando nestes a perspectiva de xénero.

Para finalizar, compartimos algunhas aportacións respecto ás estratexias que se poden aplicar na orientación laboral para eliminar estes prexuízos presentes nos procesos de selección e que habitualmente afectan ás mulleres. Entre elas:


  • Facilitar ás mulleres, ferramentas que lles permitan actuar por si mesmas contra os efectos perversos da socialización diferencial.
  • Empregar as estratecias de empoderamento das mulleres para minimizar o efecto dos sesgos de xénero.
  • Implementar accións positivas, a favor da incorporación e presenza das mulleres, especialmente naqueles ámbitos de decisión de alto nivel que afectan ó desenvolvemento da sociedade.
  • Favorecer a contratación de mulleres en postos de poder mediante subvencións públicas para decontruir estereotipos de xénero.
  • Sensibilizar e formar en igualdade a persoas en calquera etapa vital.
  • Mellorar e actualizar a formación do persoal orientador, tanto do sector público como dos que prestan servizos a través de entidades colaboradoras, en materia de igualdade.
  • Esixir medidas de acción positiva institucionais.


Como resumo destas conclusións grupais, podemos destacar que dende o papel da orientación laboral se debe poñer en práctica a discriminación positiva para facilitar o ascenso das mulleres, que adoitan estar minusvaloradas nas empresas e que chocan cos sesgos de xénero no momento de obter un emprego ou un ascenso.
Conclusións

Tendo en conta a necesidade que ten a aplicación do principio de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes en tódolos ámbitos da vida, consideramos necesaria a integración da perspectiva de xénero na orientación laboral, así como en tódolos niveis educativos e formativos, incluíndo a formación transversal para persoas traballadoras. Deste xeito, o persoal da orientación laboral, como axente socializador,  contribuirá na creación dunha sociedade máis xusta e igualitaria. 
A perspectiva de xénero é unha ferramenta, que aplicada ao mundo do emprego, permítenos coñecer os obstáculos a unha participación equilibrada, ao tempo que nos da a coñecer as orixes e consecuencias das discriminacións laborais, que impiden a participación activa das mulleres no ámbito laboral. Traballar coas lentes violetas impulsa que as nosas intervencións, como orientadoras laborais, persigan a igualdade real e efectiva e non meramente formal.

Coincidimos coa docente en que a sensibilización, a formación e a actuación, son os factores principais para alcanzar a igualdade. Como orientadoras laborais, aspiramos a xerar espazos de reflexión e sensibilización sobre a práctica profesional e integrar a perspectiva de xénero, de base feminista, nas nosas actuacións e intervencións.

Aquí vos deixamos unha compilación dos chíos máis relevantes  do equipo dinamizador da sesión:






Para saber máis





14 de setembro de 2019

Presentación Ana Pastoriza

Presentación de Ana Pastoriza


   Hola Soy Ana, soy Diplomada en Relaciones Laborales, he trabajado en el departamento laboral de una empresa del sector de la construcción durante varios años.
Desde siempre me ha interesado el área de la orientación laboral, relacionado con ello he ampliado mi formación con el Máster en Dirección de Recursos Humanos y actualmente desempeño tareas de orientación laboral en una entidad colaboradora con el SPEG.

   Me interesa este posgrado para ampliar conocimientos que me permitan continuar formándome para seguir ayudando a personas a encontrar un futuro laboral mejor. Aficionada al deporte, sobre todo rutas de senderismo en contacto con la naturaleza.


 .
    Esta es mi nube de intereses, como puedes ver la palabra que destaca sobre las demás es: EMPATÍA 



Nunca dejo que termine el día sin escuchar a: 




   Aunque no soy muy aficcionada a la lectura de libros, uno de mis libros preferidos es "La Meta" de Eli Goldratt en el que el autor describe como una empresa que no funciona bien, comienza los mecanismos necesarios de transformación para ser mucha más eficiente.

El blog que siempre leo es: