17 de setembro de 2019

Presentación Araceli Abalo

Ola. Son Araceli Abalo e vivo en Cambados.

Avatar Snoopy




Tituleime en Psicoloxía Social e das Organizacións,na Universidade de Santiago de Compostela en  2012.

Laboralmente, ata o de agora me adiquei ao traballo máis centrado na Psicoloxía Educativa e o traballo con menores e coas dificultades de aprendizaxe en xeral, pero fai algo máis dun ano, a miña carreira laboral deu un xiro e comecei a compaxinar o meu traballo anterior coa Orientación Laboral, un campo no cal me gustaría especializarme máis e adquirir novos coñecementos, para o cal estou realizando este curso.

Esta é a miña nube de intereses. Como podes ver, a palabra que destaca sobre as demáis é Orientación




Nunca deixo que remate o día sen escoitar a:





Tamén quero falarvos dun libro da escritora Antía Yáñez que lin recentemente, e que considero que foi moi interesante e necesario para calquer persoa nestes días.  Chámase SENLLEIRAS, conta a vida de tres mulleres que viven en momentos diversos do tempo, pero con historias que posteriormente se entrelazan. Considero que está narrado dunha maneira moi acertada e que consigue xerar moita empatía e interese polas historias das protagonistas. Déixovos aquí un enlace dunha crítica a este libro, por se a alguén lle puidese resultar interesante e se anima a lelo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario