Ola, son Violeta García,
Estou Licenciada en Pedagoxía e actualmente estou traballando como educadora nun centro de protección de menores.
Ademais de coordinar e xestionar proxectos socio-educativos, imparto e titorizo cursos e distintos módulos formativos en modalidade presencial e modalidade e-learning para diferentes entidades e colectivos (Mocidade en risco de Exclusión Social, terceira idade, infancia, formación continua para traballadores/as en activo, formación para persoas desempregadas, etc) Entre os cursos impartidos podería destacar: Intelixencia Emocional, negociación e traballo en equipo, motivación e cambio, habilidades sociais e de comunicación, igualdade de oportunidades, Prevención de Riscos, Orientación, Inserción laboral, temáticas todas elas necesarias para o desenvolvemento integral das persoas.
Realizo este posgrao para ampliar os meus coñecementos, especializarme e mellorar as miñas competencias profesionais nun campo que me apaixona como o da Orientación Laboral, e así seguir loitando pola inclusión e a igualdade de oportunidades no ámbito do emprego.
Achégovos a miña nube de intereses persoais e profesionais. Se tivese que destacar algunha das palabras sobre as demais, esta sería EDUCACIÓN. Un dos principais alicerces nos que se sustenta unha sociedade e polo tanto a ferramenta necesaria para o cambio social en busca dun mundo máis xusto.
Nunca deixo que remate o día sen escoitar algunha canción que me emocione. Aquí unha delas.
.
Antes de rematar, gustaríame deixarvos unha proposta de lectura: El elemento de Ken Robinson. Un libro clave para entender como descubrir o noso talento.
Déixovos tamén, un enlace á clase maxistral que impartiu no TeDx. Merece moitísimo a pena porque escoitar ao magnífico comunicador Sir Ken Robinson no só é incriblemente didáctico senón un auténtico pracer.
1:14 (hace 7 minutos)
|
1:14 (hace 7 minutos)
| ||||
Ningún comentario:
Publicar un comentario