31 de outubro de 2019

Aula Mentor

AULA MENTOR


Boas, son Mónica Pampín González e neste artículo gustaríame falarvos de Aula Mentor, un servicio que temos no Centro de Desenvolvemento Local, CDL O Torrón, no Concello de Salceda de Caselas, donde eu traballo. É unha iniciativa  formativa coa que se atende a necesidade de formación de persoas adultas e en moitos casos traballadoras, xa que polas súas características se adapta ben en horario e tempo.




1. Definición.

Aula Mentor é unha iniciativa do Ministerio de Educación e Formación Profesional para promocionar o aprendizaxe ao longo da vida de persoas adultas, maiores de 18 anos, e que se leva a cabo en colaboración con institucións como outros Ministerios, Consellerías de Educación das Comunidades Autónomas, Centros educativos, Concellos e ONGs.

Esta iniciativa nace a principios dos 90 co obxetivo de promocionar un sistema de formación para persoas adultas utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito da formación non regrada e cun enfoque aberto, flexible e a distancia a través de internet.

O programa Aula Mentor tivo un constante crecemento dende o seu inicio, aumentando o número de alumnos matriculados ano a ano, e convertíndose nunha peza clave para acadar os obxetivos de participación na formación continua para o emprego.

2. Localización e infraestructura de Aula Mentor.

En canto á localización existen máis de 400 aulas repartidas por todo o territorio español, xestionadas por entidades locais, e en distintos países de Latinoamérica, como Nicaragua, Honduras, Costa Rica Panamá, Perú, Paraguay e República Dominicana. Ademáis Aula Mentor está recoñecida como unha das 14 boas prácticas do Inventario da Unión Europea a través dun estudio da Universidade de Florencia.
A infraestructura da formación básase por un lado en espazos físicos dotados de equipamento e recursos informáticos con conexión a internet, que os alumnos poden utilizar e os que teñen que acudir polo menos o día do exame final, e por outro lado, nunha plataforma de formación, cun entorno virtual de estudio e comunicación deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.
O proceso de aprendizaxe dos alumn@s está dirixido por dúas figuras clave, que reciben formación específica, e que son:

  •  O tutor: Profesor especialista na materia impartida no curso e responsable do seguimento do proceso de aprendizaxe do alumno.
  •  O administrador: Responsable da aula física, orientador e mediador, facilitador do proceso de aprendizaxe e xestor dos recursos da aula.

3.  O Alumnado.

O perfil do alumnado de Aula Mentor é moi variado, dende persoas con estudios universitarios a alumnos sen ningunha titulación. Esto débese a flexibilidade que ofrece o sistema, que permite tanto a traballadores en activo  como a estudiantes, con pouco tempo dispoñible, finalizar os cursos con éxito.
O feito de dispoñer dos materiais online, a gran oferta de aulas en todo o país, a flexibilidade horaria e de tempo, e o prezo da formación, incluso hai cursos gratuitos, supón unhas ventaxas que aumentan a motivación das persoas para matricularse no amplio abanico de formación ofertada. Así as persoas usuarias poden desde iniciarse nunha área, ata perfeccionar ou certificar coñecementos.


4. Cursos Mentor

Os cursos de Aula Mentor están agrupados por áreas formativas e poden consultarse na web. Para acceder ao listado de cursos de cada área a persoa interesada debe entrar na web, ir a pestaña de cursos, ver as áreas temáticas que hai, pulsar na que lle interesa e logo no curso que quere facer, onde obterá información sobre o mesmo.


5. Matrícula

Os cursos teñen a matrícula aberta todo o ano, menos os cursos Cisco, que explicarei no seguinte apartado.

matrícula en Aula Mentor ten un coste de 48€, e se están abonando os dous primeiros meses de curso. A partir de ai se pagaría 24€/mes.

O que fai o administrador de Aula Mentor do CDL O Torrón, donde eu traballo é dar apoio e indicacións para  que os alumn@s fagan tódalas actividades nos dous meses e non teñan que pagar máis que a matrícula. Por exemplo, indicalles que teñan os exercicios e tarefas dos cursos feitas para que cando o tutor lles corrixa unha poidan entregar a seguinte, xa que o programa de Aula Mentor non permite entregar unha actividade mentres non tes correxida a anterior.


6. Cursos Cisco

Os cursos Cisco están enfocados ás TIC, e serven para obter a CCNA (Cisco Certified Network Associate), Certificación Académica Cisco en redes de ordenadores. Trátase dun programa de catro cursos que deben facerse de xeito secuencial e ordenado, tendo que superar un antes de empezar o seguinte.

Como estes cursos teñen unhas características propias, xa que Aula Mentor os imparte porque forma parte da Networking Academy, non teñen a flexibilidade do resto de formación ofertada. Teñen dúas convocatorias, en setembro e febreiro, teñen data de inicio e fin, e unha duración de cinco meses, polo que ademáis da matrícula de 48€ que cubre os dous primeiros meses, hai que pagar 24€/mes ata completar a formación.


Cisco expide un certificado por cada curso, ata que completando os catro o final se obtén a certificación.


7. Rematando

Aula Mentor fai convocatorias cada ano de matrícula gratuita, nas que oferta cursos, cada un con 50 plazas asignadas por riguroso orden de inscrición, con data de comezo e con plazo para facer tódalas actividades. Estos cursos caracterízanse porque non teñen examen presencial como o resto, e porque solo se emite un certificado de aproveitamento, que emiten os tutores no caso dos cursos normais, e Cisco no caso dos seus cursos.
Agora mesmo estamos con convocatoria destes cursos en aberto, do 24 de outubro ao 7 de novembro, quen o desexe poe acudir á súa Aula Mentor máis cercana e facer a matrícula de xeito gratuito. Os cursos ofertados son:
  • Iniciación a las matemáticas
  • Iniciación a la física
  • Iniciación a Salesforce
  • Administrador de Salesforce
  • Introducción a la Ciberseguridad (Cisco)
  • Introducción al Internet de las Cosas (Cisco)
  • Emprendimiento digital(Cisco)
Espero que esta información vos sexa de interese e se queredes máis tedes enlaces a continuación.

Para saber máis:









Ningún comentario:

Publicar un comentario