Introdución
A sexta sesión presencial do Posgrao de Especialización en Orientación
Laboral 2019 (#POLAB19) centrouse na temática “Orientación para a Igualdade e a
Inclusión Sociolaboral” da man de Margot Valcarce, docente da Universidade de
Santiago de Compostela.
A sesión estivo dividida en dúas partes principais:
A primeira parte de carácter expositivo cunha explicación teórica dos
contidos máis relevantes.
A segunda, unha parte máis práctica, onde de forma grupal se traballou a
través dunha dinámica, a detección e posibles prácticas para a
eliminación dos sesgos e prexuízos no ámbito laboral a través do visionado da
curtametraxe “Recursos Humanos”.
Rematamos a sesión cunha posta en común das aportacións de tódolos grupos
sobre a dinámica, presentando as estratexias que se poden aplicar para eliminar
os prexuízos presentes nos procesos de selección e que afectan, na maioría das ocasións, ás mulleres.
Obxectivos
- Coñecer a teoría feminista e desmitificar crenzas sociais asociadas a
ela.
- Incentivar o deseño, planificación e implementación dunha orientación
laboral non sexista
- Intervir na orientación laboral aplicando a perspectiva de
xénero.
- Facilitar estratexias para a inclusión da perspectiva de xénero na orientación laboral.
Desenvolvemento da sesión
Como ben se comentou na breve introdución, a docente Margot Valcarce
comezou a sesión cunha explicación teórica dos contidos.
Para dar inicio, explicou as bases da teoría feminista e os tres principais focos de
acción:
- Visibilizar o xénero como unha estrutura de poder.
- Visibilizar o papel hexemónico dos homes en tódolos ámbitos.
- Visibilizar as estruturas e os mecanismos ideolóxicos que sustentan a discriminación.
A docente remárcanos que a teoría feminista é crítica coa sociedade e céntrase en conseguir a igualdade para lograr unha transformación social.
Continuou facendo alusión a unha diferenciación de conceptos tan
importantes coma o feminismo, machismo e hembrismo, mergullándose tamén nas catro
ondas do feminismo e algunhas persoeiras representativas como Olympe de Gouges,
autora da Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadanía en 1791.
Logo, aportounos unha definición do que supón a perspectiva de xénero e a
comprensión da distinción entre sexo e xénero, entendendo a primeira como unha
característica biolóxica e natural, e a segunda coma unha construción social e
cultural resultado do aprendido a través dos procesos de socialización.
Abordou tamén que o emprego que está asociado ao
rol masculino (ámbito público e produtivo), é máis visible e máis valorado socialmente, mentres que o
traballo asociado ao feminino (ámbito privado e reprodutivo), adoita ser non remunerado e infravalorado. Deste xeito perpetúanse as estruturas e mecanismos onde se asenta a sociedade patriarcal e androcentrista que invisibiliza ás mulleres na sociedade.
Por último, realizamos
unha dinámica de detección e eliminación de prexuízos no ámbito laboral, traballando sobre a curtametraxe “selección de persoal” que versa sobre os roles de poder que se exercen nos procesos de selección e que plasman o sexismo e a discriminación laboral.
Con este exercicio, pretendíase traballar a
deconstrución de prexuízos e sesgos nos procesos de selección incorporando
nestes a perspectiva de xénero.
Para finalizar, compartimos algunhas aportacións
respecto ás estratexias que se poden aplicar na orientación laboral para eliminar
estes prexuízos presentes nos procesos de selección e que habitualmente afectan
ás mulleres. Entre elas:
Como resumo destas conclusións grupais, podemos destacar que dende o papel da orientación laboral se debe poñer en práctica a discriminación positiva para facilitar o ascenso das mulleres, que adoitan estar minusvaloradas nas empresas e que chocan cos sesgos de xénero no momento de obter un emprego ou un ascenso.
- Facilitar ás mulleres, ferramentas que lles permitan actuar por si mesmas contra os efectos perversos da socialización diferencial.
- Empregar as estratecias de empoderamento das mulleres para minimizar o efecto dos sesgos de xénero.
- Implementar accións positivas, a favor da incorporación e presenza das mulleres, especialmente naqueles ámbitos de decisión de alto nivel que afectan ó desenvolvemento da sociedade.
- Favorecer a contratación de mulleres en postos de poder mediante subvencións públicas para decontruir estereotipos de xénero.
- Sensibilizar e formar en igualdade a persoas en calquera etapa vital.
- Mellorar e actualizar a formación do persoal orientador, tanto do sector público como dos que prestan servizos a través de entidades colaboradoras, en materia de igualdade.
- Esixir medidas de acción positiva institucionais.
Como resumo destas conclusións grupais, podemos destacar que dende o papel da orientación laboral se debe poñer en práctica a discriminación positiva para facilitar o ascenso das mulleres, que adoitan estar minusvaloradas nas empresas e que chocan cos sesgos de xénero no momento de obter un emprego ou un ascenso.
Conclusións
Tendo en conta
a necesidade que ten a aplicación do principio de Igualdade de Oportunidades
entre mulleres e homes en tódolos ámbitos da vida, consideramos necesaria a integración da perspectiva de
xénero na orientación laboral, así como en tódolos niveis educativos e
formativos, incluíndo a formación transversal para persoas traballadoras. Deste xeito, o persoal da orientación laboral, como axente socializador, contribuirá na creación dunha sociedade
máis xusta e igualitaria.
A perspectiva de xénero é unha ferramenta, que
aplicada ao mundo do emprego, permítenos coñecer os obstáculos a unha participación equilibrada, ao tempo que nos da a coñecer as orixes e consecuencias das discriminacións laborais, que impiden a participación activa das mulleres no ámbito laboral. Traballar coas lentes violetas impulsa que as nosas intervencións, como orientadoras laborais, persigan a igualdade real e efectiva e non meramente formal.
Coincidimos coa
docente en que a sensibilización, a formación e a actuación, son os factores principais
para alcanzar a igualdade. Como orientadoras laborais, aspiramos a xerar espazos de reflexión e
sensibilización sobre a práctica profesional e integrar a perspectiva de xénero, de base feminista, nas nosas actuacións e intervencións.
Aquí vos deixamos unha compilación dos chíos máis relevantes do equipo dinamizador da sesión:
Aquí vos deixamos unha compilación dos chíos máis relevantes do equipo dinamizador da sesión:
Para saber máis
- Guía de Orientación laboral non sexista
- Guía de Orientación Profesional sin sesgo de género
- Instituto de la mujer y para la igualdad de Oportunidades
- Secretaría xeral de Igualdade da Xunta de Galicia
- Protocolo General de actuación para promover laincorporación de las mujeres en la sociedad digital y en los estudios y profesiones tecnológicas.
- Escola Virtual de Igualdade
Ningún comentario:
Publicar un comentario