A inclusión no mundo laboral
Boas blogueir@s, o meu nome é Lucía Cambeiro Agulleiro e hoxe vou falar neste blog amigo sobre a inclusión das persoas con discapacidade no mundo laboral.
En primeiro lugar comentarvos que segundo a Convención Internacional das Nacións Unidas para os Dereitos das Persoas con Discapacidade (ONU), estableceuse que o termo apropiado para referirse a persoas que teñen unha ou varias discapacidades é: "Persoas con Discapacidade" (PCD) ou "Persoas en situación de discapacidade."
"Ollo falamos de persoas con discapacidade NON de minusválidos”
1. Introdución ao dereito do traballo:
O dereito ao traballo é actualmente unha obriga social que debe proporcionarlle o Estado a cada un dos individuos da sociedade, sen discriminación nin exclusión algunha, pola súa condición física, económica, social ou mental.
Título: Inclusión Laboral de Personas con Discapacidad.
Autor: Departamento Inclusión Laboral Servicio Nacional de la Discapacidad.
A inclusión no mundo laboral é unha meta a que aspira calquera membro da sociedade, teña ou non discapacidade, posto que o emprego ademais de ser preciso para poder afrontar necesidades económicas, tamén é un mecanismo de inclusión social moi importante, así como un medio de desenvolvemento persoal e profesional. Dita inclusión é especialmente relevante para aquelas persoas que posúen unha discapacidade xa que teñen unha barreira máis que afrontar.
2. Contexto histórico:
Historicamente falar do dereito ao traballo de persoas con discapacidade era unha idea inconcibible, pois estas persoas eran consideradas como enfermas ou incluso “endemoniadas”, por este motivo, eran afastadas da sociedade e internadas en hospitais. Houbo que esperar ata a declaración dos dereitos humanos para que estas persoas fosen escoitadas e integradas na sociedade.
Co paso do tempo esta tremenda situación de discriminación social foi desaparecendo e a normativa con respecto a protección e ao ben estar das persoas con discapacidade foi evolucionando constantemente.
3. Lexislación española en materia de inclusión:
No caso de España compre destacar varios documentos que comezaron a falar desta discriminación e a darlle importancia a necesidade de integración das persoas discapacitadas.
Estes documentos iniciais que compre resaltar como imprescindibles a hora de falar de integración e dereito para os discapacitados son:
- A Constitución española
- A LISMI (Lei de Integración Social dos Minusválidos), creada no ano 1982, a cal constituíu un piar básico nesta materia, actualmente foi modificada pola LGD (Lei Xeral de Discapacidade).
- Posteriormente a estas creáronse outras normativas que foron tratando este tema ata a actualidade e que permitiron chegar a unha situación de dereito ao traballo das persoas discapacitadas, un exemplo destas normas son: os Reais Decretos, pois a evolución da sociedade fai que esta lei quede desfasada e é preciso reformala, a LIONDAU, normativa comunitaria e internacional…
Por outra banda, compre salientar, que esta favorable evolución non quere dicir que xa estea todo logrado, pois aínda queda moito por facer en canto a integración das persoas discapacitadas na sociedade, e como non, no mercado de traballo.
4. Datos de incorporación ao mercado de traballo:
Segundo o INE, o número de persoas que presenta algún tipo de discapacidade ascende actualmente a 3,5 millóns, case unha décima parte da poboación española, dos cales só un 24% das persoas con discapacidade en idade laboral accede a un emprego remunerado, sendo esta a taxa de inserción laboral máis baixa da Unión Europea .
A baixa incorporación de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo pode obedecer a distintas razóns:
- En primeiro lugar, os empresarios poderían estar tendo en conta os posibles custos adicionais que conleva a contratación de persoas con discapacidade, especialmente daquelas con discapacidades máis limitantes.
- Tamén pode existir descoñecemento do verdadeiro potencial produtivo destas persoas cando se levan a cabo os oportunos axustes para a adaptación ao posto de traballo.
- Pode apuntarse, como outra variable que explique os baixos índices de colocación, a falta de especialización dos servizos públicos de emprego en materia de discapacidade, para poder contribuír de xeito eficaz á casación da demanda e a oferta de traballo .
E por último a modo de curiosidade comentarvos que as discapacidades asociadas a deficiencias auditivas e visuais son as que presentan maiores taxas de actividade (56,9% e 45,3%, respectivamente). Pola súa banda, as asociadas a deficiencias mentais e intelectuais presentan as menores (19,9% e 26,9%, respectivamente).
¿Qué opinades sobre estas cifras? ¿Estades de acordo en que nos queda moito camiño por percorrer?
Lecturas recomendadas:
Título: Inclusión Laboral de Personas con Discapacidad.
Autor: Departamento Inclusión Laboral Servicio Nacional de la Discapacidad.
Título: Guía de Inclusión Laboral de personas con discapacidad para empresas.
Autor: R.E.D. de empresas para la diversidad.
Autor: R.E.D. de empresas para la diversidad.
Nesta web atoparedes Libros de inclusión laboral que son interesantes se queredes afondar na temática deste artigo.
E xa para finalizar e reflexionedes sobre este tema recoméndovos esta película para que vos sintades na pel dunha persoa con discapacidade.
E xa para finalizar e reflexionedes sobre este tema recoméndovos esta película para que vos sintades na pel dunha persoa con discapacidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario